¿Qué hacer en Vigo?

Arde o Pazo 2016

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O 16 de abril terá lugar no entorno do pazo de Mos a festa de recreación histórica: Arde o Pazo 2016. Unha festa que recórdanos o paso das tropas napoleónicas por Mos logo da sua retirada de Vigo no 1809.

En 1809 unha partida do exército de Napoleón atravesa a vila de Mos no seu camiño cara a Tui. Os soldados tiñan a misión de reforzar a presenza francesa na cidade, pero non lles foi posible e tiveron que dar media volta prendendo lume, en represalia, ós edificios máis sobranceiros que atopaban no camiño.

Como de costume viaxaremos no tempo ás terras dos Marqueses de Mós. Poderemos asistir ao mercado que se celebra no entorno do pazo, degustar as mellores viandas da Louriña e o viño “do país” mentres valoramos e mercamos o traballo dos artesáns.
Non faltará a música tradicional e outras actvidades destinadas ao divertimento dois máis pequenos. Pero haberá que estar atentos, o exército de Napoleón quere vingar a derrota sufrida recentemente na “Reconquista da Vila de Vigo” e non se sabe o que pode pasar.

¿Como foi a reconquista en Mós co exercito de Napoleón? Os datos históricos da festa Arde o pazo – Mós 1809.

Programación Arde o Pazo 2016:

10h. Inauguración do mercado.

Demostracións e obradoiros dos oficios tradicionais.

11h. Actuación de grupos tradicionais.

12h. Representación da chegada das tropas francesas.

14h. Tabernas e postos gastronómicos no mercado.

16h. A partir das 16h Xogando Miudiño. Xogos tradicionais.

17h. Grupos de gaitas.

17:30h. Representación – Ataque contra a retagarda do exército francés

18h. Aforcamento dos prisioneiros franceses.

18:30h. Animación de rúa e infantil.

19:00h. Obradoiro de loita con pau / Baile francés.

20:30h. Maxia na rúa co mago Marco.

22h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui.

23h. Concertos dos grupos Algarabía + Vacaloura vermella.

Máis información no facebook de Arde o Pazo e na páxina web.

ardeopazo

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.