¿Qué hacer en Vigo?

Ama o teu mercado, actividades nos mercados

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

VOLVE A CAMPAÑA AMA O TEU MERCADO A VIGO CON DISTINTAS ACTIVIDADES NOS MERCADOS DA CIDADE

O sábado 13 unha sesión DJ da man de Mario Rey acompañada dun servicio de coctelería no Mercado do Progreso dará inicio en Vigo á campaña Ama o teu mercado que durante dúas semanas encherá os distintos mercados da cidade con actividades como showcookings de personaxes públicas coñecidas na cidade (Noelia Otero, Tony Lomba e Xavier Moreda), exhibicións de claqué e lindy hop e un flashmob que percorrerá o Mercado do Calvario.

LOVE YOUR GLOBAL MARKETS

O evento englóbase dentro da campaña internacional Love your global market na que participan uns 2000 mercados de 16 países de todo o mundo. Está promovida pola WUWM (Unión Mundial de Mercados Maioristas) e este mes de maio celebra a súa cuarta edición internacional.

Os mercados de Vigo tiveron unha participación destacada nas edicións anteriores e este ano pretende dárselle continuidade a esta iniciativa traballando no tema proposto, “Mercados para as novas xeracións”, desta forma, as accións propostas van orientadas a encher os mercados de xente nova.

Inauguración: Sábado 13 ás 12 horas no Mercado do Progreso

Datas de celebración: do sábado 13 ao sábado 27 de Maio.

Ama o teu mercado, actividades nos mercados

 

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.