Agarimo Teatro representará a obra “A taverna sen dono” no salón rexio do Círculo Mercantil. Leva algún alimento non perecedeiro. Entrada de balde.
Isto é o que nos contan:
A beneficio do Banco de Alimentos, o noso grupo de teatro representará “A taberna sen dono”, unha das derradeiras oportunidades que teredes de disfrutar desta obra, xa que estamos preparando unha nova para a vindeira tempada. Así que animádevos e achegádevos o vindeiro sábado 23 de novembro o salón rexio do Círculo Mercantil, na rúa do Príncipe.
Ademais ímolo facer por unha moi boa causa, colaborar co Banco de Alimentos que están a facer unha laboura inestimable nestes tempos de crise. A entrada é de balde, pero podedes colaborar levando algun alimento non perecedeiro ou mercando na entrada os bonos para canxear nos supermercados colaboradores. Graciñas anticipadas.