Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
A Biblioteca Municipal de Redondela organiza o próximo 2 de outubro unha interesante actividade que mestura os contos coa ciencia. ” A Ciencia é divertida” é unha actividade apaixonante para transmitir aos máis cativos o interese por explicar cientificamente o que nos rodea.
Este contacontos-obradoiro farase en dúas sesións, tendo en conta a idade dos participantes:
– A primeira, de 18:00 a 18:45 h, para cativos de 2 a 3 anos.
– A segunda, de 19:00 a 20:00 h, para cativos de 4 a 6 anos.
A actividade é gratuita, pero precisa inscrición previa na biblioteca (986 40 15 61) porque as prazas son limitadas.
O obradoiro desenvolverao Nita (Ana Romero) dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.