Fecha de inicio:
01/07/2026
Fecha de fin:
07/07/2026
Hora estimada:
23:59
Lugar:
Praza de Compostela
Info:

LII Feira do Libro de Vigo

A 52 edición da Feira do Libro de Vigo comeza o 1 de xullo e se desenvolverá ata o 7 de xullo na Praza de Compostela.

Co lema “A porta a universos infinitos”, a feira abrirá este ano co pregón do escritor vigués Manuel Esteban e co obxectivo de ser un espazo vivo para compartir a experiencia literaria e lectora. A feira medra en participación e actividades: haberá 26 casetas, 5 máis que en 2025, e destaca a presenza das librerías viguesas: haberá 9, tres máis ca na anterior edición.

A importancia das feiras do libro e a visión cultural que ofrecen concéntrase nunha semana de acción cultural intensa e magnífica, na que ademais de visitar as casetas das librerías tamén haberá charlas, encontros e mesas abertas co público, rutas literarias, obradoiros de escritura, recitais…

 

 

Cando:

Do 1 de Xullo ata o 7 de Xullo de 2026

Lugar:

Praza de Compostela

Horario:

De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h

Prezo:

Acceso libre

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2026-06-26 14:31
Fuente de los datos: Axenda de Vigo