Uns personaxes grotescos viven no seu mundo, cíñense, imítanse, xogan, desfrutan…, ata que se dan conta de que hai “outros”, o público, que son distintos a eles. A eles, os “outros” os ven estrañados, feos, diferentes…. Os monstros desexan ser eses outros que os miran, que son fermosos, crenos mellores ca eles.
Os monstros xa non están ben como son e, tras intentalo repetidas veces, conseguen desfacerse das máscaras. Deste xeito, mergúllanse no mundo dos humanos. Teñen que aprender a falar e camiñar ergueitos, pero cando o conseguen, pasan a estar “encadeados”, son maltratados, eles mesmos maltratan, son explotados, sexualizados… Convértense en ladróns e manipuladores con afán de cobiza. Perden a inocencia que tiñan coma monstros.
O afán de poder os leva a extremos de destrución. Así provocan unha “hecatombe” mundial, que failles darse conta que só coma monstros eran ceibes e felices e que só volvendo ás orixes, atoparán unha fenda a esperanza dun cambio global.
Auditorio Municipal do Concello
Duración aproximada: 50 minutos.Idioma: galego.Público: maiores de 13 anos.
Cando:
Sábado, 27 de Xuño de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
Billeteira inversa


