Na casa de Ana todo é un sen vivir, a súa filla non pode vivir sen ela, o seu marido non pode traballar sen ela, a súa veciña non pode falar sen ela. Todo pasa por ela, pasan os anos e nada cambia ata que un día aparece o amor da xuventude e os soños retoman a ilusión perdida. Seguirá todo igual na casa de Ana?
Nova comedia de enredo preparada polo grupo de teatro onde queremos poñer en valor a necesidade de soñar, de vivir e de amar nunha atmosfera aparentemente tradicional na que todo o mundo necesita de Ana.
Auditorio Municipal do Concello.
Duración aproximada: 90 minutos.Idioma: galego.Público: todos os públicos.
Cando:
Sábado, 20 de Xuño de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
Billeteira inversa


