Recordas o momento mais feliz da túa vida? Ou ese intre que che fixo cambiar para sempre a túa perspectiva sobre as cousas? Ven a revivir eses instantes. Neste espectáculo de improvisación a nosa compañía está preparada para representar o que nos conte o público. Ven, senta na butaca e, cando pidamos historias, podes contar a tua.
O Teatro Playback é un tipo de teatro social e comunitario. Nunha sesión, o público conta as súas historias que se representan en directo mediante improvisación.
Esta vez o noso tema vai ser Historias de Comunidade. A vida en común é esencial para os seres humanos. Ten as súas luces e a súas sombras.
Queremos escoitar cal foi a túa experiencia con diferentes comunidades e darlle vida no escenario.
A túa historia merece ser contada.
Auditorio Municipal do Concello
Idioma: galego.Duración aproximada: 90 minutos.Apta para todos os públicos.
Cando:
Domingo, 31 de Maio de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
19:00 h
Prezo:
Billeteira inversa


