Apertura de portas: 20.30 h.
Acceso menores: Prohibida a entrada a menores de 6 anos. Os menores entre 7 e 17 anos, ambos inclusive, poderán acceder ó recinto pagando a entrada correspondente e acompañados dun adulto responsable.
Andrés Suárez presenta a súa xira LÚA
O artista e compositor galego, considerado un dos máximos exponentes da nova canción española, chega a Ferrol con Lúa, o seu décimo álbum de estudio, considerado un dos seus traballos máis persoais e íntimos ata a data. Lúa representa unha das obras máis significativas e innovadoras da súa carreira discográfica.
Andrés Suárez chega acompañado pola súa banda de sempre para achegar ao seu público a esencia que sempre o definiu. A autenticidade, o carisma e a personalidade cativadora do artista fan da súa actuación en directo unha experiencia inesquecible, na que interpretará cancións do seu novo álbum así como os grandes éxitos que o acompañaron ao longo da súa carreira.
Cando:
Venres, 22 de Maio de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
21.00 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


