A tempada remata cunha das das obras máis significativas do repertorio do W. A. Mozart: A súa misa de Requiem. Unha obra encargada de maneira anónima por un mensaxeiro dun noble austríaco, o conde Franz von Walsegg, que pretendía facer pasar a música por súa como homenaxe á súa esposa falecida. Esta circunstancia, unida á condición enferma e pauperizada do compositor alimentou lendas e especulacións sobre a súa percepción da morte e sobre se el mesmo cría estar a escribir o seu propio réquiem. O Réquiem combina a grandiosidade do estilo barroco coa intensidade emocional do clasicismo vienés para deixar unha pegada fundamental no repertorio occidental.Este concerto será realizado en colaboración co Ensemble Vocal Pro Música, unha agrupación radicada no Porto coa que a Orquesta Clásica de Vigo está a tecer un intercambio musical transfronteirizo e que neste ano celebra o seu 35 aniversario.Programa:Misa de Réquiem en re menor, K. 626, de W. A. MozartOrquesta Clásica de VigoEnsemble Vocal Pro MusicaDirector do coro: Jose Manuel PinheiroDirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Cando:
Sábado, 16 de Maio de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.30 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


