Fecha de inicio:
10/05/2026
Fecha de fin:
10/05/2026
Hora estimada:
19:00
Lugar:
Teatro Afundación
Info:

Si alguna vez hubo un nosotros

Unha viaxe emocional onde o amor e a memoria chocan.

"Si alguna vez hubo un nosotros" é unha obra que invita o espectador a mirar cara a dentro, a enfrontarse aos silencios, aos medos e ás ruínas emocionais que deixa o amor cando se descoida. Unha obra íntima, delicada e brutalmente honesta.

Un texto onde os personaxes falan desde as feridas, desde a perda e desde a necesidade de comprender o que significa amar ao outro e amarse a un mesmo. Unha historia que podería ser de calquera.

A nova obra de Ignasi Vidal, autor de éxitos como El plan, Diginignidad o Dribbling, é un retrato íntimo da fraxilidade humana que nos confronta cunha pregunta que todos, nalgún momento, tememos: Que queda cando o amor xa non abonda?

Cando:

Domingo, 10 de Maio de 2026

Lugar:

Teatro Afundación

Horario:

19.00 h

Prezo:

Entradas en https://entradas.ataquilla.com

Fecha actualización del contenido:

2026-05-07 14:06
Fuente de los datos: Axenda de Vigo