Fecha de inicio:
19/04/2026
Fecha de fin:
19/04/2026
Hora estimada:
18:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Cía. Söa: «Coa cabeza nas nubes». Día Internacional da Danza

CÍA. SÖA: “COA CABEZA NAS NUBES”. DÍA INTERNACIONAL DA DANZA.Procedencia: GaliciaXénero: danzaIdade recomendada: a partir de 4 anosDuración: 45 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Creación e interpretación: Martín Blanco e Carlota Rosón RojoDirección: Martín Blanco e Carlota Rosón RojoCreación musical: Elba SoutoIluminación: Violeta MartínezVestiario: Miriam CartagenaEscenografía: Marcos CoveloFotografía: Sabela EirizProdución: Cía SÖADistribución: Lilian Portela – Amarelo Distribución

Sinopse:Coa cabeza nas nubes é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, clown e teatro físico para público familiar.

En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse… non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se confrontan dúas visións da vida. Canto tempo lle dedicamos ao traballo? E ao xogo?. Estamos traballando demasiado? Queda aínda tempo para xogar?

Un espectáculo cómico sobre o xogo no seu estado de máxima pureza e sobre o adulto que esqueceu que algunha vez atrás tamén xogou.

 

Cando:

Domingo, 26 de Abril de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2026-04-13 17:35
Fuente de los datos: Axenda de Vigo