O Consello Municipal da Muller de Vigo distingue co XIV Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Ana María García Costas.
A entrega do premio realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 20 de marzo ás 20:00 no salón de recepcións da Sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.
As persoas que desexen asistir deben inscribirse previamente na oficina de Igualdade, no teléfono 986 810 284 (de luns a venres en horario de mañá) ou no email ofi.muller@vigo.org.
Esta actividade enmárcase no programa de actos que o Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller organizan en marzo con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller.
Cando:
Venres, 20 de Marzo de 2026
Lugar:
Salón de recepcións do Centro Social Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26
Horario:
20.00 h
Prezo:
Incrición previa
Máis información:


