Fecha de inicio:
16/03/2026
Fecha de fin:
16/03/2026
Hora estimada:
10:00
Lugar:
Teatro Afundación
Info:

II Xornada «Coñecendo as emocións»

II XORNADAS «COÑECENDO AS EMOCIÓNS»

Envellecemento Significativo: Emocións, Propósito e Resiliencia

Nunha sociedade cada vez máis lonxeva, repensar o envellecemento implica recoñecer o valor do propósito, a resiliencia e a capacidade de adaptación aos desafíos vitais nesta etapa. Esta Xornada, na súa primeira parte, reúne a achega académica de Anja Machielse, referente no estudo da soidade e o significado na vida, e a visión experta da directora xeral do IMSERSO, M. Teresa Sancho, sobre as tendencias demográficas e implicacións no marco estratéxico europeo. Na segunda parte do encontro danse a coñecer os resultados e experiencias da rede «Coñecendo as Emocións», impulsada por Afundación e Matia Instituto, co obxectivo de situar as emocións, o benestar e o sentido vital no centro do bo envellecer.

Esta xornada está dirixida a profesionais e estudantes dos ámbitos social e sanitario, entidades que contemplen unirse á rede e calquera persoa interesada en repensar a vellez desde unha mirada positiva, que incorpore as fortalezas, o propósito e a conexión cos demais

Colaboran co programa «Coñecendo as Emocións» as seguintes entidades: ADCOR, AFAGA, AGADEA, AFAMON, AFAPO, AFAOR, ATEGAL, ALCER, COGAMI, CRUZ VERMELLA (GALICIA E COMUNIDADE DE MADRID), CONTIGO, MIMOSAS, MOREA, O TEMPO É NOSO, SUMMA HUMANITATE, SAN CAMILO.

PROGRAMA

9.15 h Acreditacións

10.00 – 10.15 h Apertura institucional

Pedro Otero, director xerente de Afundación

PRIMEIRA PARTE

10.15 – 10.45 h Conferencia inaugural: «Ageing is Living (Envellecer é vivir): marco estratéxico europeo para un bo envellecemento»María Teresa Sancho, directora xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO)

10.45 – 11.45 h Conferencia marco: «Envellecemento significativo e resiliencia: claves para o benestar emocional na vellez»Anja Machielse, catedrática de Humanismo e Resiliencia Social e profesora emérita na Universidade de Estudos Humanísticos de Utrech

11.45 – 12.15 h Pausa café

SEGUNDA PARTE

12.15 – 13.00 h Mesa redonda: «Coñecendo as emocións. Voces de participantes: homes maiores e o desafío da expresión emocional no programa»Participan: Miguel Ángel Quintás (ALCER) | Vicente Lorenzo Barreira (Espazo +60 Vigo) | Xaime Manuel González (Espazo +60 Santiago) | Emilio Santiago (Espazo +60 A Coruña)..Modera: Alba Sánchez (Agadea)Presenta resultados: Xosé Luis Liñares (Afundación)

13.00 – 13.45 h Mesa redonda: «Emocións en contornas de coidado: a adaptación do programa e o seu impacto en residencias e centros de día»Graciela Créstar (ADCOR) | Patricia Martínez (COGAMI) | María Valiño (O tempo é noso) | Eva Fernández (Mimosas).Modera: Lucía Gil (Contigo)Presenta resultados: Sara Marsillas (Matia Instituto)

13.45 – 14.00 h Conclusións: «A rede Coñecendo as emocións: un modelo de colaboración interinstitucional para promover o benestar no envellecemento»Sabela Couceiro, coordinadora de Maiores de AfundaciónMercedes Garnelo, coordinadora do programa Emocións

Cando:

Luns, 16 de Marzo de 2026

Lugar:

Teatro Afundación

Horario:

10.00 h

Prezo:

Reservas en https://entradas.ataquilla.com

Fecha actualización del contenido:

2026-03-14 19:37
Fuente de los datos: Axenda de Vigo