Fecha de inicio:
19/04/2026
Fecha de fin:
19/04/2026
Hora estimada:
18:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Zirko Txosko: «Tavole»: Día Mundial do Circo. ENTRADAS ESGOTADAS

ZIRKO TXOSKO: “TAVOLE”. DÍA MUNDIAL DO CIRCOProcedencia: GaliciaXénero: circoIdade recomendada: familiarDuración: 50 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Elenco: Ariñe Azkue, Óscar PáezDirección: Aritza RodríguezEscenografía: Jose Luis CaneteVestiario: Estudio 14Apoio na creación: Centro artístico ZAWPAcompañamento na produción: Artaide

Sinopse:Levantarse co pé esquerdo significa que todo vai ir mellor… claro que peor é imposible.

Tavole é un espectáculo que xira arredor de dúas personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor. Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentar a unha mesa a pensar e reflexionar, é aí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como saír de casa sen roupa, ou que as mesas se rebelen!

Unha tola e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben. Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

 

Cando:

Domingo, 19 de Abril de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo