IBUPROFENO TEATRO: “BIO CONSTRUCIÓN”Procedencia: GaliciaXénero: contemporáneoIdade recomendada: adultoDuración: 80 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:En escena: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos.Texto: Santiago Cortegoso.Dirección: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.Asistencia de dirección: Marcos PTT.Auxiliar de dirección: Gloria Punzano.Deseño do espazo escénico: Jose Perozo.Deseño de vestiario: Laura Vidales.Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio.Movemento escénico: Armando Martén.Caracterización: Baia Fernández.Imaxe: Diego Seixo.
Sinopse:Nunha aldea nun lugar remoto, hai unha parella que deixou o teatro (despois dunha crise creativa) para emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto de vida: construír unha casa ecolóxica, feita coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, nun tempo sen final.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
Cando:
Venres, 17 de Abril de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


