Fecha de inicio:
22/03/2026
Fecha de fin:
22/03/2026
Hora estimada:
18:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Limiar Teatro: «Canto Conto!»

LIMIAR TEATRO: “CANTO CONTO!”Procedencia: GaliciaXénero: teatro musicalIdade recomendada: familiar, a partir de 5 anosDuración: 50 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Elenco: Iván López e Brais IriarteLocución principal: Maika AguadoLocucións adicionais: Laura Nogueiras, Iván Davila, Iván López, Lucía Sánchez e Brais Iriarte.Dramaturxia e dirección:  Iván Davila e Brais IriarteComposición e produción musical: Brais IriarteEstudio de gravación das locucións: La lutheríaEspazo escénico e escenografía: Lucía Sánchez LópezIluminación e son en xira: Javi Quintana / Chucho GonzálezEquipo de produción:  Limiar Teatro e CrémiloDeseño de cartel e deseño gráfico: Brais Iriarte e Lucía Sánchez

Sinopse:Canto conto! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.

Espectáculo especialmente deseñado para o público máis novo!

Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.

Goza aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o Rock and Roll ata o Rap, pasando pola Salsa ou o Funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis!

Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro máis sostible.

O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En Canto conto! o xogo co público é fundamental.

Prepárate para unha experiencia única onde a música, o teatro, a manipulación de obxectos e o humor se combinan nun espectáculo versátil e adaptable a calquera espazo.

Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo máis ecolóxico e consciente!

Limiar teatro somos unha compañía galega creada en 2009 con 11 espectáculos producidos e máis de 400 representacións en España, Francia, Arxentina, Bolivia, Portugal, Uruguai e Brasil.

Limiar é o límite, a fronteira e por iso a compañía movémonos nas fronteiras artísticas, xeográficas e persoais. Pescudamos no limiar das artes integrando diferentes disciplinas como teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas.

 

Cando:

Domingo, 22 de Marzo de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo