TALÍA TEATRO: “ARTUR UI, O OVO DA SERPE”Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: adultoDuración: 90 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €
Ficha técnica e artística:Elenco: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Dani TrilloEscenografía: Dani TrilloVestiario e maquillaxe: Martina CambeiroIluminación: Dani TrilloCreación audiovisual: Marcos PttMúsica orixinal: Manu AbraldesProdución: Auri Ferreiro e Artur TrilloDramaturxia: Quico Cadaval e Diego ReyDirección; Quico Cadaval
Sinopse:Artur Ui, o ovo da Serpe é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico.
Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fociño fóra do ovo.
Cando:
Venres, 20 de Marzo de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


