Actividade familiar. O mundo de Torras.Unha experiencia para descubrir, crear e sentir a arteDirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 6 anos, esta actividade convida a achegarse á figura do pintor Torras dun xeito lúdico, manipulativo e sensorial. A través de xogos, materiais, cores e texturas, os participantes explorarán o seu universo artístico estimulando a curiosidade, a creatividade e os sentidos. Un espazo para experimentar, tocar, observar e compartir en familia, onde a arte se converte nunha vivencia próxima e divertida.
Cando:
Sábado, 7 de Febreiro de 2026
Lugar:
Casa das Artes
Horario:
18.30 h
Prezo:
Inscrición e máis información na web https://museoseduca.vigo.org/reservar-visita/, no teléfono 615258531 e no correo electrónico museoseduca@vigo.org


