CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E CONTRAPRODUCIÓNS SL: “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”Procedencia: GaliciaXénero: dramaIdade recomendada: adulto (+10)Duración: 100 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €
Ficha técnica e artísticaAutor: Xosé Neira VilasElenco: Xulio Abonjo, Santi Romay, Ana Satos, Federico Pérez, Mónica García, Manuel Cortés e Iris DarribaDirección: Cándido PazóAdaptación: Cándido PazóAxudante dirección: Belén PichelEscenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"Deseño son: Xosé Lois RomeroDeseño iluminación: Afonso CastroVestiario: Martina CambeiroMúsica: Xosé Lois Romero
Sinopse:Un neno labrego galego dos anos 40. Miseria, ilusión, inxustiza, rebelión, derrota e esperanza: denominadores emocionais comúns a toda a paisaxe rural española daqueles duros anos. Un espectáculo que, falando doutros tempos, fala dunha condición aínda presente noutros espazos e outras formas. Unha homenaxe a todos os nenos campesiños do mundo: os que son, foron ou serán; os das aldeas da memoria e os dos sucos de asfalto; os expulsados da infancia; os refuxiados do medo; os que tiran pedras.
Espectáculo teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas, «Memorias dun neno Labrego»: En 1961 publicouse en Bos Aires un dos libros máis dominantes da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada.
Cando:
Venres, 27 de Febreiro de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


