Fecha de inicio:
20/02/2026
Fecha de fin:
20/02/2026
Hora estimada:
20:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Cinema Sticado: «Oh, mammi blue»

CINEMA STICADO: “OH, MAMMI BLUE”Procedencia: GaliciaXénero: monólogo cómicoIdade recomendada: adulto (+16)Duración: 75 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Dirección: Noemi RodríguezDramaturxia: Noemi RodríguezElenco: Helena VarelaDeseño de escenografía: Coti FaroDeseño de iluminación: Laura IturraldeDeseño de vestiario: As Dúas e PuntoVídeos e espazo sonoro: Xosel DíezAxudante de dirección: Darlene RodríguezDirección de produción: Helena VarelaTécnicas en xira: As Dúas e PuntoFotografía: Alberto PequeñoDeseño gráfico e dirección de Arte: María VilariñoCartel: Nico Juárez

Sinopse:Oh, mammi blue comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. A  través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.

A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.

Oh, mammi blue é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade. Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.

Notas da autoraEste espectáculo está construído con historias que aconteceron e outras que non, coas inventadas, coas que xa ninguén lembra, con esas das que non se fala, porque as súas vimbias non son as palabras senón os xestos. Oh, mammi blue está feita de silencios, amnesias provocadas, e de fascinantes historias que se vencellan entre si.

 

Cando:

Venres, 20 de Febreiro de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo