Manuel López, El Pianista de la Mano Izquierda, regresa a Galicia dentro da súa nova Xira 2026, con novas composicións inéditas e tributos, en un concerto íntimo no Conservatorio Superior de Música de Vigo, cheo de música e emoción, onde o amor será o principal protagonista.
O pianista e compositor Manuel López convídanos, unha vez máis, a unha viaxe sonora cargada de superación e virtuosismo. Tras enfrontarse a un ictus, e máis de 20 anos de Distonia focal, atopou na súa man esquerda a ferramenta para seguir expresándose a través do piano, adaptando e reimaginando obras concibidas orixinalmente para ambas as mans. Neste concerto, Manuel ofrecerá un recital tributo ao amor que percorre algunhas das páxinas máis belas e románticas da música de Chopin, Debussy, Scriabin, xunto ás composicións máis emotivas de Ludovico E, Yiruma, Michael Nyman, R. Sakamoto, Ólafur Arnalds, así como a nosa música española e a esencia do noso flamenco con Paco de lucia. A través da súa música, Manuel transmite unha mensaxe inspiradora: o amor polo piano pode superar calquera obstáculo.
Cando:
Sábado, 14 de Febreiro de 2026
Lugar:
Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música
Horario:
19.00 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


