AMORODIO TEATRO: “BRAZALETES”- ESTREAProcedencia: GaliciaXénero: teatro documentoIdade recomendada: adulto (+16)Duración: 60 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:Dirección: Santiago CortegosoTexto: Ernesto IsElenco: Javier CastiñeiraIluminación: Violeta MartínezVestiario: Carmen GarcíaMovemento escénico: Inés SantosDeseño de pancarta: Carlota “Sororas”Carteleira: Inés SueiroComunicación: Cris Ramos (Oh la lá)Informático: Ismael CastiñeiraVídeo: Einibó
Sinopse:28 de setembro de 1975. Vellos Campos de Sport de El Sardinero.
O Racing de Santander recibe ao Elxe na cuarta xornada de liga. Dous xogadores do equipo local, Aitor Aguirre e Sergio Manzanera, saltan ao terreo de xogo cuns brazaletes negros sobre as mangas. Un xesto pequeno, cheo de compromiso, que desafía á ditadura do moribundo xeneral Franco.
Brazaletes reconstrúe a historia dos últimos fusilamentos do franquismo a través dunha mirada contemporánea e crítica sobre a complexa relación entre o fútbol e a política. Amorodio Teatro presenta un espectáculo que mestura documento e ficción, humor e traxedia, memoria íntima e colectiva, para reflexionar que o silencio nunca pode ser unha opción.
Cando:
Venres, 6 de Febreiro de 2026
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes): • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


