vigolandia1 es lg
Fecha de inicio:
26/12/2025
Fecha de fin:
30/12/2025
Hora estimada:
–:–
Lugar:
IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)
Info:

XXI Edición de VIGOLANDIA

O  26 de decembro abre as súas portas a 21ª Edición de VIGOLANDIA , no Instituto Feiral de Vigo. Un salón de lecer para o goce e diversión de todos e que mantén dende o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Ademais, as familias de Vigo poderán disfrutar dunha enorme variedade de actividades.

A organizadora de VIGOLANDIA, a entidade Mantesil, xunto có apoio e a colaboración de institucións e empresas como: O Concello de Vigo, a Fundación Vigo Convention Bureau, o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), Alcampo, Catering Galicia, Grupo Radio Vigo, Federación Galega de Billar, Federación Galega de Tenis, Limpiezas Almi, Policía Local de Vigo, AgruDeBam, Agrupación Deportiva Escolar Baixo Miño-Always TM, Montes de Vigo, SDE Group, VeoVisión Soluciones IP e Vodea – Voluntarios Asistencia Sanitaria son as encargadas de dispor as diferentes actividades de lecer que conforman este evento.

VIGOLANDIA manterá as súas portas abertas ao público no IFEVI, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de 22.000 m2.  O prezo da entrada será de 8 €, que se poderán adquirir na propia taquilla instalada no IFEVI no horario de evento.

VIGOLANDIA, vai unida a un CERTAME DE PINTURA, co lema "AS LUCES DE VIGO NO NADAL",  na súa XVII edición, convertido nun clásico nos centros escolares de Vigo e cunha grande acollida e ademais, como cada ano, VIGOLANDIA mantén o seu carácter benéfico, por iso disporá durante os cinco días da súa celebración un "Punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros" na entrada principal.

Cando:

Do 26 de Decembro ata o 30 de Decembro de 2025

Lugar:

IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)

Horario:

26 de decembro de 16.00 a 20.00 h

27, 28, 29 e 30 de decembro de 12.00 a 20.00 h

Prezo:

Información en ifevi.com

Fecha actualización del contenido:

2025-12-23 14:40
Fuente de los datos: Axenda de Vigo