Unha oda musical aos universos do Anime e os Videoxogos.
Prepárate para unha noite chea de aventuras, acción, emoción e nostalxia mentres a Otaku Symphony Orchestra te leva nunha viaxe a través das túas series de anime e videoxogos favoritos.
Desde a enerxía épica de Dragon Ball até a emotiva melodía de One Piece, pasando pola intensidade de Naruto, o encanto de Sailor Moon e a dozura de Sakura, esta noite promete deleitar aos fans de todas as idades.
Tamén se poderán escoitar os acordes alegres de Super Mario Bros, que encherán o teatro coa nostalxia de aventuras pasadas e temas emblemáticos xunto a outros clásicos como The Legend of Zelda, Final Fantasy e Sonic, cada un transportando ao público a mundos virtuais cheos de emoción e aventura.
Unha experiencia inesquecible que te transportará aos teus recordos máis queridos!
Non te perdas este evento único onde a música e a maxia únense en perfecta harmonía
Cando:
Luns, 29 de Decembro de 2025
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
21.00 h
Prezo:
Entradas en https://www.teuticket.com


