Naviland é un lugar misterioso, ninguén sabe onde está exactamente, o que si se sabe é que alí se sitúa a oficina postal das súas Maxestades os Reis Magos e a súa fábrica de xoguetes.Mony, a nosa protagonista, pasa moito tempo soa e usa a súa gran imaxinación como única compañeira de xogos. Unha noite, mentres dorme, nos seus soños viaxa até o Soño-Porto Internacional de Naviland, que está situado xusto á beira da oficina postal das súas Maxestades Os Reis Magos, lugar no que se reciben todas as cartas dos nenos e as nenas, e prepáranse os agasallos para ser entregados puntualmente a noite do 5 de xaneiro.
Mony atoparase alí cuns fantásticos personaxes capitaneados polo Carteiro Real e outros disparatados personaxes que a axudarán a entender que a felicidade non se basea en que che regalen todo o que pides, senón que se atopa en "as pequenas cousas" e descobre que o mellor regalo non cabe nunha caixa, porque é compartir tempo e abrazos coa familia.
Cando:
Domingo, 28 de Decembro de 2025
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
17.00 h
Prezo:
Entradas en https://www.teuticket.com


