Volve o Nadal, volve ESFÍNTER: Un espectáculo para pechar o ano! Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas anuncian o seu esperado regreso aos escenarios de toda Galicia con ESFÍNTER 5, o reencontro de amigos que xa é unha das tradicións máis esperadas do nadal galego, á altura da chegada do Apalpador, Noiteboa ou a iluminación das luces de Vigo. E non o dicimos só nós, dino as miles de persoas que ano a ano reúnense cos nosos protagonistas nos teatros galegos para celebrar estas datas tan sinaladas!
E é que como dixo Mariah Carey, All I want for Christmas is ESFÍNTER 5. O mellor espectáculo ao que podes acudir cos teus máis amantes achegados e, como os nosos protagonistas, ter unha escusa para cear xuntos nunhas datas tan sinaladas! 90 minutos de puro humor por parte de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven como o turrón para xuntarse co público galego.
Vémonos en decembro? Como cada ano, repetímolo: Mentres o público queira, seguiremos gozando destas sinaladas festas na compañía de Javi, David e Rober!
FICHA TÉCNICA
TEXTO E INTERPRETACIÓN: Javier Veiga, Rober Bdegas, David Amor
PRODUCIÓN: Etiqueta Negra
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 90 min.
IDIOMA: Galego
Cando:
Sábado, 27 de Decembro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
18.30 h e 21.00 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


