Idade mínima: 14 anos
GO HOME conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que Carlos gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.
GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Bértolo. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación. Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.
Cando:
Venres, 21 de Novembro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
21.00 h
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


