belen es lg
Fecha de inicio:
16/11/2025
Fecha de fin:
06/01/2026
Hora estimada:
–:–
Info:

Belén monumental «Camiño a Belén»

A Casa das Artes vístese de Nadal un ano máis para acoller a exposición do Belén Monumental do Concello de Vigo, baixo o título CAMIÑO A BELÉN. Unha produción artística que resalta a importancia deste tipo de manifestacións plásticas que, de forma espectacular, son un medio difusor dos nosos valores etnográficos. Ademais celébrase o oitavo centenario do primeiro Belén feito por San Francisco de Asís en 1223 en Greccio.

A mostra está poboada con case duascentas figuras e ocupa máis de douscentos metros cadrados. Foi elaborada pola Agrupación Belenista A Morana e modelada polo escultor José Luis Mayo Lebrija, un dos belenistas máis prestixiosos de España.

CAMIÑO A BELÉN, coa luz, a música e a ambientación, trasládanos á noite na que naceu Xesús e fálanos dos costumes, oficios, arquitecturas e paisaxes da Xudea de Herodes o Grande no século I con algunha licenza local, pois o patrimonio de Vigo e a cultura popular galega intégranse nalgunhas das escenas para sentir como propios aqueles instantes que viviron con profunda emoción os pastores e os Magos de Oriente.

CAMIÑO A BELÉN ofrece un fragmento de emoción do Nadal moldeado con xeso, cortiza, barro, auga, pintura e moita arte. Unha experiencia evocadora do primeiro Nadal para percorrer en familia cos cinco sentidos. Gózao!

BOAS FESTAS E TODA A FELICIDADE PARA O ANO 2026

Cando:

Do 16 de Novembro ata o 6 de Xaneiro de 2026

Lugar:

Casa Das Artes

Lugar:

Casa das Artes

Horario:

Acceso gratuito

Do 16 de novembro 2025 ao 6 de xaneiro 2026

Horarios especiais:

Prezo:

De balde

Máis información:

Fecha actualización del contenido:

2025-11-14 15:48
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Casa das Artes