psychedelicfurs1 es lg
Fecha de inicio:
15/11/2025
Fecha de fin:
15/11/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

The Psychedelic Furs – Festival Underfest Xacobeo

Nacidos en 1977 na era post-punk londiniense e liderados polos irmáns Richard e Tim Butler, son desde entón e por dereito propio, un dos nomes destacados da escena musical británica.

Rapidamente desenvolvéronse como unha das bandas máis importantes da radio universitaria e alternativa. A súa música foi atravesando varias fases, desde uns inicios no art rock austero ata o achegamento á new wave e o pop rock, pero sempre mantendo un son propio e recoñecible. Por ese camiño foron logrando un refacho de grandes éxitos, con enormes cancións como "Love My Way", "Pretty In Pink", "Heaven", "The Ghost In You" e "Heartbreak Beat". 

Na súa traxectoria atopamos oito álbums de estudo, desde o seu debut homónimo de 1980 ata o último que publicaron, "Made Of Rain" (2020), que rompeu un silencio discográfico de case trinta anos (o seu anterior LP, "World Outside" de 1991) e foi moi ben recibido polo público (segundo mellor da súa carreira en termos de charts británicos) e a crítica (entrou en moitas listas de mellores discos do ano, entre elas as de  Mojo, Uncut, Classic Pop, Good Morning America e Vive Le Rock).

O seu directo continúa sendo cegador e con el reverberan e fan ecoar a profunda influencia que as súas composicións deixaron en infinidade de artistas. Un estilo onde a crueza atópase co romanticismo e a melancolía

Con máis de 40 anos de carreira e en plena forma, Underfest Xacobeo prepárase para recibir a outro nome ilustre que sen dúbida brillará nesta edición de 2025.

Cando:

Sábado, 15 de Novembro de 2025

Lugar:

Cine Teatro Salesianos Vigo

Horario:

20.00 h

Prezo:

Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com

Fecha actualización del contenido:

2025-11-14 15:48
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Cine Teatro Salesianos Vigo