Marlena é o dúo revelación da música en España e una das propostas máis potentes e con maior proxección do panorama actual. Aválano os seus exitosos temas Me sabe mal, xa doble disco de platino, Gitana, Muñequita de cristal, bailamorena ou Último baile. Con eles, Marlena percorreu importantes festivais como o Arenal Sound, o Ribera Sound ou oHolika Fest, entre moitos outros, esgotando, tamén, todas as entradas en salas de grandes cidades como Madrid, Barcelona ou Bilbao.
Nominadas a artista revelación 2021 en Los 40 Music Awards e a mellor artista revelación pop nos Premios Odeon, foron tamén finalistas no MadCool Talent By Vibra Mahou 2021 e ofreceron un showcasena Latin Alternative Music Conference (LAMC) da man de Sounds From Spain, en Nueva York.
En streaming, mantéñense no Top 200 de artistas máis escoitados en España. En Spotify, suman máis de 90 millóns de streams, acumulan máis de 1,2 millóns de oíntes mensuais e as súas cancións entran directas nas playlists máis importantes. Vevo elexiunas na súa campaña VEVO Newcomers 2023 e participaron nos programas Amazon Rompe e UP NEXT de Apple Music en apoio ao talento emerxente.
Artistas como Nil Moliner, La Pegatina o Andrés Suárez quixeron colaborar con elas. Tras arrasar na Sala La Riviera de Madrid e acadar o seu segundo disco de ouro, agora chegan a Momentos Alhambra Acustiquísimos para presentar en directo, en acústico, as cancións do seu novo disco.
Cando:
Sábado, 15 de Novembro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
21.30 h
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


