Procedencia: GaliciaXénero: maxiaIdade recomendada: a partir de 6 anosDuración: 75 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artística:Intérprete: Sara RodríguezDirección: Gonzalo AlbiñanaProdución: Magia en la MangaAsesoramento máxico: Gonzalo AlbiñanaEscenografía: Diego ValeirasDeseño de luces: Daniel RodríguezEspazo sonoro: Eloy Fernández
Sinopse:Singularia: De aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.
Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. Singularia non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.
Cando:
Domingo, 30 de Novembro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
18:00 h
Prezo:
5 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


