22 SOPH7095 Redrum es lg
Fecha de inicio:
22/11/2025
Fecha de fin:
22/11/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Redrum Teatro: Sophie non é o meu nome de guerra

Procedencia: GaliciaXénero: teatro contemporáneoIdade recomendada: adulto (+16)Duración: 85 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Elenco: Camille Hedouin e Alixa LadsonDirección: Laura MíguezAutor: Roberto PascualAxte dirección: Atenea GarciaEscenografía e iluminación: As dúas e puntoVideocreación: Judith AdatabernaMovemento: Mariel Teixeira GonzálezEspazo sonoro: MounQupConfección vestiario: Ousseynou GueyeFotografía cartel: Rosiña RojoMaterial promocional: Alex SampayoAsistencia técnica: Carlos Álvarez-OssorioPrensa: Alberto RamosProdución: Redrum TeatroDistribución: Guillermo Carbajo

Sinopse:A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.

O espectáculo:Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña.

A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizais en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia.

Camiñaremos coa protagonista a través da súa travesía vital e no mapa, desde Yaoundé, capital de Camerún, ata A Coruña. Unha viaxe pola riqueza da cultura popular de África, pola burocracia das políticas migratorias e pola escravitude sexual. O obxectivo principal deste espectáculo é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fins de explotación sexual. A peza afonda nas conexións humanas, familiares, de amizade e de parella de Sophie, unha muller cunha personalidade chea de matices, fuxindo do estereotipo e da revictimización. Descubrindo o amplo prisma da maternidade: como desexo e como instrumento. Na súa forma escénica trátase dunha proposta contemporánea onde os recursos audiovisuais se mesturan cos elementos poéticos e o teatro textual. A atmosfera xerada polo espazo sonoro e escénico mergullará ás espectadoras na viaxe de Sophie.

 

Cando:

Sábado, 22 de Novembro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

8 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2025-10-26 21:01
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1