18 cicatriz es lg
Fecha de inicio:
14/11/2025
Fecha de fin:
14/11/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Kirenia Danza: Cicatriz

Procedencia: GaliciaXénero: danza contemporáneaIdade recomendada: adultoDuración: 50 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €

Ficha técnica e artística:Autor: Kirenia Martínez AcostaDirección: Kirenia Martínez AcostaEscenografía: Kirenia Martínez Acosta e Suso MarequeDeseño son: Kirenia Martínez e Antón ReixaDeseño iluminación: Violeta Martínez e Daniel RodríguezVestiario: Kirenia Martínez AcostaMúsica: Bruno Baw e Marcos Payno, voces Antela Cid e Alex SandeCoreografía: Kirenia Martínez AcostaElenco artístico: Kirenia Martínez Acosta e Antón Reixa

Sinopse:CICATRIZ é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. 300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de non acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión. Un coloquio final convida ao público a un ti a ti con estas vidas tan cheas de suturas.

A “Cicatriz” que dá nome a este espectáculo propón unha reflexión de como o “desexo” e, sobre todo, o desexo do desexo (a necesidade de ter desexos) é o motor da vida. Os dous intérpretes entran e saen de tres estruturas tubulares, a xeito de cabinas abertas, como se o xogo de “inhibición / desinhibición” fose o resorte imprescindible para xestionar esta perplexidade da existencia. Como mínimo, a aceptación deste desafío vai deixando en nós unha cicatriz indeleble.

Se cadra, é de interese para as espectadoras e espectadores deste xogo escénico,que este traballo vertebra a unión e contraste entre a moita experiencia coreográfica de Kirenia Martinez e o absolutamente profano en danza contemporánea de Antón Reixa e a súa discapacidade física recoñecida do 65%.

O esencial na danza contemporánea é a emoción, por riba de calquera virtuosismo técnico ou idade.

Cando:

Venres, 14 de Novembro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

10 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2025-10-26 21:00
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1