IN-CERTO é un espectáculo de comedia onde Oswaldo Digón mestura o seu estilo de cómico de Stand-up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, contando historias que, en cada espectáculo, van transcorrer dunha forma diferente facendo que cada show sexa único e irrepetible.IN-CERTO é un texto que fala con moito humor e liberdade e cunha coidada posta enescena do ESPÍRITU da nosa época. O tsunami tecnolóxico, a ansiedade, as preocupacións do noso día a día… Oswaldo analiza e conversa có público sobre as pequenas e grandes cousas que todas e todos afrontamos nun día calquera… Alguén dixo algunha vez, que "O que mellor manexe a incerteza será feliz". O que está claro é que a comedia e o humor é a mellor forma de afrontala e este novidoso formato o demostra.A idea é que o público o pase ben.
Cando:
Sábado, 25 de Outubro de 2025
Lugar:
Cine Teatro Salesianos Vigo
Horario:
20.30 h
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


