12 ARCON NOA es lg
Fecha de inicio:
26/10/2025
Fecha de fin:
26/10/2025
Hora estimada:
18:00
Info:

Amarelo Cía: O Arcón de Noa-ESTREA. ENTRADAS ESGOTADAS

Procedencia: GaliciaXénero: danzaIdade recomendada: a partir de 2 anosDuración: 40 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín BlancoInterpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo e Martín BlancoDramaturxia e coreografía: Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco, Raquel Ferradás e Lilian PortelaAsesoramento escénico: María EscobarVoz en off: Iria Álvarez LeirósIluminación: Nacho MartínMúsica orixinal: Bruno BawEspazo escénico: Eva AnteloVestiario: Noelia PicadizoAtrezzo: EVD GaliciaCoproduce: Concello de MosColaboran: Escola Media Punta e Concello de VigoCartel: Lúa GándaraVídeo e foto: Diego Seixo

Sinopse:Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece triste e apagado no seu mundo solitario.

Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.O arcón de Noa é unha historia de fantasía que nos mostra outros mundos posibles e maneiras de chegar a acordos, compartindo espazos co que nos resulta alleo e diferente, para mostrar a idea dun mundo posible máis xusto e igualitario.

 

Cando:

Domingo, 26 de Outubro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

5 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2025-10-15 17:08
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1