Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: adulto (+16)Duración: 100 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €
Ficha técnica e artística:Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier EstévezEscenografía e Vestiario: Carlos AlonsoMúsica: Bernardo MartínezProxecións e espazo sonoro: César SeijasDeseño gráfico, vídeos e fotografía: ChiripaServizo técnico: RTAAuxiliar de dirección: Melina RegueiraProdución: Eva AlonsoDirección e iluminación: Eduardo Alonso
Sinopse:Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
Guerra é unha traxedia ao estilo shakespeariano, é dicir, unha traxedia aderezada de comedia e ironía para dulcificar as arestas tráxicas.
A compañíaTeatro do Noroeste é unha compañía teatral de longa traxectoria, creada en 1987, que estrea e representa todos os seus espectáculos en lingua galega por toda Galicia. Na súa dilatada traxectoria ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos.
A compañía ten recibido numerosos premios polas súas producións, como os Premios María Casares, os de Festival de Teatro Galego, ou os Premios Max aos textos de Eduardo Alonso.
Cando:
Sábado, 25 de Outubro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
10 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

