SÁBADO 25/10/2025
Alimentación da fauna do Exotarium – Todos los públicos: Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
Horta chea de Sorpresas – Idade recomendada +4: A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa… A ver que nos aparece hoxe.
Camuflaxe Animal – Idade recomendada +6: Asiste a este obradoiro con animais vivos onde poderás coñecer as diferentes estratexias de camuflaxe que empregan as distintas especies para sobrevivir.
Un bosque no peto – Idade recomendada +4: O outono é a estación ideal para recoller froitos e sementes da maioría das árbores e arbustos da nosa zona. Imos recolectar sementes das especies autóctonas presentes en Vigo Nature. Aprenderemos a recoñecer as árbores máis comúns e, posteriormente, no invernadoiro prantaremos as sementes recollidas para facer un pequeno viveiro forestal. Estas árbores servirannos, no futuro, para crear un bosque autóctono cunha gran diversidade de árbores e arbustos, un bosque cheo de vida.
Plantnet – Idade recomendada +6: Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes.
Especies Exóticas Invasoras – Idade recomendada +6: Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra a introdución de mais especies invasoras. Tamén observaremos algún exemplo moi próximo de fauna e flora exótica invasora.
Exoplanetas – Idade recomendada +7: Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta!
DOMINGO 26/10/2025
Alimentación da fauna do Exotarium – Todos os públicos: Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
Escape Room Familiar – Idade recomendada +8: "Código 17" é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmósfera con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmósfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se esgote o tempo. Ademáis de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respeto polo planeta.
Enriquecemento Ambiental Lémures – Idade recomendada +6: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento.
Plantnet – Idade recomendada +6: Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes.
Aves Irrecuperables – Idade recomendada +6: Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables.
O Sistema Solar – Idade recomendada +7: A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia.
Cando:
Do 25 de Outubro ata o 26 de Outubro de 2025
Lugar:
Praza dos Leóns s/n
Horario:
SÁBADO 25/10/2025
13:00 – 13:15 h. Alimentación da fauna do Exotarium.
16:30 – 17:30 h. Horta chea de Sorpresas.
16:30 – 17:30 h. Camuflaxe Animal.
17:30 – 18:30 h. Un bosque no peto.
17:30 – 18:30 h. Plantnet.
18:30 – 19:30 h. Especies Exóticas Invasoras.
18:30 – 19:30 h. Exoplanetas.
DOMINGO 26/10/2025
13:00 – 13:15 h. Alimentación da fauna do Exotarium.
16:30 – 18:30 h. Escape Room Familiar.
16:30 – 17:30 h. Enriquecemento Ambiental Lémures.
17:30 – 18:30 h. Plantnet.
18:30 – 19:30 h. Aves Irrecuperables.
18:30 – 19:30 h. O Sistema Solar.
Prezo:
As actividades son de balde coa entrada ao parque.


