Procedencia: AndalucíaXénero: Monicreques e actoresIdade recomendada: a partir de 5 anosDuración: 60 minutosIdioma: castelánPrezo da entrada: 5 €
Ficha técnica e artística:Elenco: Natalia Ruiz/Celia AlmohallaDirección e texto: Celia AlmohallaAsesoría guión: Concha LineroAutoría música: Sara Almohalla/Celia AlmohallaArranxos musicais: Argonauta MusicEscenografía e Monicreques: Isa SotoDeseño iluminación: Antonio Arrabal (AAI)Deseño vestiario: Concha Linero/Pepa RodriguezRealización vestiario: Pepa RodriguezEstudio de gravación: Argonauta EstudioMúsicos: Sara Almohalla/Paquito Escudero/Blai Navarro/Evelín Martinez/Javi ClarosVoces en Off: Nilofer Khan/Dario Carrasco/Celia AlmohallaTécnico de directo: Garikoitz LarizProdución: Índigo TeatroGravación Vídeo: El Estudio BlancoFoto Fixa: Salvador Blanco
Sinopse:Oíches falar do planeta de todo é posible? Un planeta pequeno, pero moi importante, é o planeta que se encarga de axudar a que todos os desexos poidan cumprirse.
Alma, a protagonista da nosa historia, entrará nel para descubrir de todo o que é capaz, atréveste a acompañala?
Todo xira ao redor desta pequena heroína que, sen ela sabelo, ensinaranos a importancia de superar as adversidades. Ademais de diversión e aventuras, convida ao espectador a mirar máis aló das aparencias, transmitindo valores como a perseveranza e a bondade.
Unha historia de superación que acerca de forma directa aos nenos e nenas á empatía, o autocoñecemento e as emocións.
Un espectáculo capaz de transmitir diversas mensaxes segundo a idade do espectador.
Unha posta en escena que combina personaxes reais e monicreques, con danza, cancións en directo, moita música e unha iluminación moi orixinal.
Viaje al planeta de todo es posible propón unha viaxe ao interior, onde Alma, a protagonista da nosa historia, descubrirá a súa fortaleza e capacidade de superación. Alma, é unha de tantas nenas que sofre bullying no colexio e iniciará unha viaxe na que terá que afrontar os seus medos, as súas inseguridades e as súas emocións
Cando:
Domingo, 12 de Outubro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
18:00 h
Prezo:
5 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

