5 MissBujia es lg
Fecha de inicio:
11/10/2025
Fecha de fin:
11/10/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Marta Larralde Cía: Miss Bujía-ESTREA

Procedencia: GaliciaXénero: teatro contemporáneoIdade recomendada: adulto (+15)Duración: 60 minutosIdioma: castelánPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Autoría e interpretación: Marta LarraldeDirección: Norma MartínezDirección de Produción: Carlos CanchoProdución executiva: Sólido show e Marta LarraldeEscenografía: Álvaro SobrinoDeseño de luces: Noelia TejerinaCanción orixinal: Pablo NietoVestiario: María ViñasVídeo: Nico NaleCartel: Sergio BethancourtFoto Promo: Carlos VillarejoDeseño gráfico: Jorge NevadoDistribución: Carlos M. Carbonell – Crémilo

Sinopse:Unha experta en Arte Barroca fálanos das verdades ocultas detrás de famosas pinturas protagonizadas por mulleres. Ela está decidida a liberalas do marco que as encerra.

Na súa adolescencia diagnosticáronlle unha enfermidade mental e desde entón trata de vivir con iso. Falar do tema avergóñalle, teme sentirse rexeitada.

Nesta procura da liberación necesita cómplices. Para iso fai un percorrido pola súa vida a través duns cadros concretos que serán unha especie de mapa vital. O seu obxectivo é poder cumprir con éxito a promesa que se fixo hai moitos anos.

Hoxe é o seu primeiro día de traballo no museo.

Chegou o momento de executar o plan.

 

Cando:

Sábado, 11 de Outubro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

8 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2025-10-01 16:30
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1