suricatas es lg
Fecha de inicio:
11/10/2025
Fecha de fin:
12/10/2025
Hora estimada:
–:–
Info:

Actividades en Vigo Nature 11/10/2025 e 12/10/2025

SÁBADO 11/10/2025

Alimentación de fauna do Exotarium – Todos os públicos: Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.

Horta chea de Sorpresas – Idade recomendada +4: A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa… A ver que nos aparece hoxe.

Enriquecemento Ambiental Suricatas – Idade recomendada +6: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento.

Enxeños na Horta – Idade recomendada +4: Para que funcione a horta é preciso dispor de distintos aparellos que podemos mercar ou nós mesmos elaborar, como por exemplo, regadeiras, papaventos, espantatoupas, etc.

O Idioma das Aves – Idade recomendada +4: Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables.

O ovo e a galiña – Idade recomendada +4: Que foi primeiro, o ovo ou a galiña? Participa neste xogo de mesa en familia onde investigaremos a orixe das galiñas facendo unha viaxe ao Xurásico, onde atoparemos ao antepasado da Galiña de Mos, e observaremos a súa evolución ata o presente.

O Sistema Solar – Idade recomendada +7: A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia.

 

DOMINGO 12/10/2025

Alimentación de fauna do Exotarium – Todos los públicos: Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.

Escape Room Familiar – Idade recomendada +8: “Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se esgote o tempo.Ademais de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta.

Os Animais do Exotarium – Idade recomendada +6: Actividade divulgativa realizada no auditorio e na cal coñecerás a fondo as características dalgunhas especies dos animais do exotarium, as súas curiosidades e bioloxía. Nesta actividade non se poderá manipular espécimes pero si observalos de cerca a cargo de persoal especializado.

Aves Irrecuperables – Idade recomendada +6: Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables.

Especies Exóticas Invasoras – Idade recomendada +6: Esta actividade pretende dar a coñecer o concepto de especie exótica e especie exótica invasora, explicando que son, como son introducidas no territorio, do seu proceso de invasión do territorio e parándonos especialmente en explicar o impacto e os problemas que provocan no medio natural e métodos para combater contra estas e a prevención contra a introdución de mais especies invasoras. Tamén observaremos algún exemplo moi próximo de fauna e flora exótica invasora.

Exoplanetas – Idade recomendada +7: Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta!

Cando:

Do 11 de Outubro ata o 12 de Outubro de 2025

Lugar:

Praza dos Leóns s/n

Horario:

SÁBADO 11/10/2025

13:00 – 13:15 h. Alimentación de fauna do Exotarium.

16:30 – 17:30 h. Horta chea de Sorpresas.

16:30 – 17:30 h. Enriquecemento Ambiental Suricatas.

17:30 – 18:30 h. Enxeños na Horta.

17:30 – 18:30 h. O Idioma das Aves.

18:30 – 19:30 h. O ovo e a galiña.

18:30 – 19:30 h. O Sistema Solar. 

 

DOMINGO 12/10/2025

13:00 – 13:15 h. Alimentación de fauna do Exotarium.

16:30 – 18:30 h. Escape Room Familiar.

16:30 – 17:30 h. Os Animais do Exotarium.

17:30 – 18:30 h. Aves Irrecuperables.

18:30 – 19:30 h. Especies Exóticas Invasoras.

18:30 – 19:30 h. Exoplanetas

Prezo:

As actividades son de balde coa entrada ao parque.

Fecha actualización del contenido:

2025-10-01 16:30
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza dos Leóns s/n