2 julioverne es lg
Fecha de inicio:
04/10/2025
Fecha de fin:
04/10/2025
Hora estimada:
20:00
Info:

Pablo Méndez Performances: El Viaje imposible. Tributo a Julio Verne

Percorrido: Rúa do Príncipe, saída dende o MarcoProcedencia: GaliciaXénero: Pasarrúas multidisciplinar que combina teatro físico, circo contemporáneo, animación itinerante, música e danza.Idade recomendada: todos os públicosDuración: 60-90 minutos

Sinopse:Un artefacto imposible irrompe nas rúas, un vehículo de época saído das entrañas do imaxinario steampunk. A bordo, unha tripulación de excéntricos exploradores, científicos e damas mecánicas convídannos a unha viaxe polo corazón dos soños imposibles.Inspirado nas obras de Julio Verne e cunha estética steampunk desbordante de detalles, este pasarrúas fusiona teatro físico, circo, danza, e animación itinerante nunha experiencia visual e sensorial única.

As rúas transfórmanse nunha novela viva onde o público é cómplice dunha expedición fantástica, chea de humor, maxia, coreografías dinámicas e espectaculares máquinas móbiles. Unha explosión de imaxinación para todos os públicos que rende homenaxe ao poder da fantasía, a ciencia e a aventura.

Unha viaxe que comeza en Vigo… pero que podería terminar no centro da Terra ou mesmo na Lúa.

Cando:

Sábado, 4 de Outubro de 2025

Lugar:

Rúa do Príncipe 54

Horario:

20:00 h

Prezo:

Acceso libre

Fecha actualización del contenido:

2025-10-01 16:30
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Rúa do Príncipe 54