LAS AMARGAS LÁGRIMAS DE PETRA VON KANT de Rainer Werner Fassbinder
95 Min
Idioma: castelán
18 NRM
DIRECCIÓN Rakel Camacho
ELENCO Ana Torrent; Aura Garrido; Julia Monje; María Luisa San José; Maribel Vitar
PRODUCCIÓN
«Estilizado retrato do desamor romántico nun universo puramente feminino»
Petra von Kant, unha deseñadora de éxito que acaba de separarse do seu segundo marido, vive coa súa secretaria Marlene, unha asistente e case unha escrava. Cando unha das súas mellores amigas lle presenta a Karin, unha moza oportunista de orixes humildes, Petra namórase perdidamente dela e promételle convertela nunha modelo internacional. As dúas mulleres comezan entón unha tormentosa relación.
Esta obra, escrita febrilmente durante un voo entre Berlín e Los Ángeles e estreada en 1917, pertence ao período máis brillante de Rainer Wener Fassbinder (1946-1982). Ao ano, convertíase en película. Foi eloxiada pola crítica internacional, chegando a ser hoxe un clásico europeo sobre as relacións de poder, a obsesión e a necesidade tóxica de que o resto nos acepte.
Cando:
Xoves, 2 de Outubro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.30 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


