13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium podrás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
16:30 – 17:30 h O Mundo dos Réptiles
Obradoiro manipulativo onde se manexarán e coñecerán os diferentes tipos de réptiles e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante.
17:30 – 18:30 h Os nosos Ceos
Nesta proxección do noso renovado planetario poderás viaxar polo ceo nocturno de distintas partes do mundo e en diferentes épocas do ano.
17:30 – 18:30 h Xogando a "¿Quen é Quen ?" na horta
Hoxe imos xogar a descubrir os diferentes cultivos e plantiñas que temos na horta. Algunhas poden resultarnos moi coñecidas porque comemos as súas follas tal e como as recollemos, como pode ser o caso da leituga, pero…. atreveríaste a adiviñar cal é a planta da berenxena se non ten froito? E a planta do cucamelon?…. Despois elaborarémoslle un carteliño para que todo o mundo poida identificalas
18:30 – 19:30 h Vida Baixo Terra
Neste obradoiro descubriremos que nos atopamos se escavamos debaixo de onde pisamos, que bichos son os máis habituais e algúns particulares que se atopan en Vigonature. Algúns vense a simple vista e outro precisaremos microscopio.
20:30 – 21:30 h O Sistema Solar
A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia.
Cando:
Sábado, 13 de Setembro de 2025
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Horario:
13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
16:30 – 17:30 h O Mundo dos Réptiles
16:30 – 19:30 h Arbolismo (Tirolinas)
17:30 – 18:30 h Os nosos Ceos
17:30 – 18:30 h Xogando a "¿Quen é Quen ?" na horta
18:30 – 19:30 h Vida Baixo Terra
20:30 – 21:30 h O Sistema Solar
Prezo:
As actividades están incluídás no prezo de entrada ao Parque.


