Aves es lg
Fecha de inicio:
07/09/2025
Fecha de fin:
07/09/2025
Hora estimada:
13:00
Info:

Actividades en VigoNature . Domingo 07/09/25

13:00 – 13:15 h  Alimentación de Fauna : 

Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.

16:30 – 18:30 h  Escape Room :

“Código 17” é unha actividade de escape room especialmente deseñada para un público familiar, educativo e comprometido co medio ambiente. Nesta misión, transformarédesvos en científicos que deben facer fronte a un gran desafío: atopar os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que foron ocultados por un grupo de científicos rebeldes liderados polo malvado Dr. Lago. O escape room desenvólvese nunha contorna ambientada con material científico, mapas e pistas agochadas, o que crea unha atmosfera inmersiva, educativa e moi divertida. Os participantes deberán empregar o enxeño, traballar en equipo e resolver unha serie de enigmas que combinan lóxica, observación, pensamento crítico e creatividade. Cada paso achegaravos un pouco máis a desbloquear os cadeados e atopar todos os ODS antes de que se esgote o tempo.Ademais de ser unha aventura emocionante, Código 17 busca concienciar sobre a importancia dos ODS, fomentando valores como a sustentabilidade, a colaboración e o respecto polo planeta.

16:30 – 19:30 h  Arborismo (Tirolinas):

Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante.

16:30 – 17:30 h  Plantnet

Plantnet é unha aplicación para a recompilación, anotación e recuperación de imaxes para axudar na identificación de plantas. Nesta actividades poderás acompañarnos polo parque para tratar de identificar e clasificar as especies vexetais máis relevantes.

17:30 – 18:30 h  Aves Irrecuperables 

Esta actividade está enfocada a mostrar as particularidades das aves rapaces existentes nas instalacións do parque, destacando os seus grupos, morfoloxía e adaptacións, similitudes, ameazas, xestión de exemplares feridos no medio natural e acollida de irrecuperables.

18:30 – 19:30 h  Enriquecemento de Lemures

As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Fabricaremos varios tipos de xoguetes alimenticios e premios para os lémures e observaremos o seu comportamento.

18:30 – 19:30 h  Exoplanetas

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta!

 

Cando:

Domingo, 7 de Setembro de 2025

Lugar:

Praza dos Leóns 1

Horario:

13:00 – 13:15 h  Alimentación de Fauna

16:30 – 18:30 h  Escape Room

16:30 – 19:30 h  Arborismo (Tirolinas)

16:30 – 17:30 h  Plantnet

17:30 – 18:30 h  Aves Irrecuperables 

18:30 – 19:30 h  Enriquecemento de Lemures

18:30 – 19:30 h  Exoplanetas

Prezo:

As actividades están incluídas coa entrada ao parque 

Fecha actualización del contenido:

2025-09-03 18:18
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza dos Leóns 1