13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
16:30 – 17:30 h O Mundo dos Artrópodos
Neste obradoiro manipulativo con artrópodos vivos poderás coñecer as diferentes características sobre o comportamento, bioloxía, ameazas, hábitat e modo de vida deles.
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
Anímate e participa no noso circuíto tirolinas e aventura con oito retos de dificultade crecente. Dirixido a adultos e familias con nenos e nenas de 10 anos en adiante.
17:30 – 18:30 h Coñecendo o noso Sol
Poderás achegarte a observar ao sol, ese gran descoñecido, directamente a través dun telescopio e construir o teu propio reloxio sol. (*) En caso de mal tempo meteorolóxico esta actividade será substituída por "o ceo nocturno".
17:30 – 18:30 h Xogando coas Sementes na Horta
Este é un momento ideal para recoller sementes dalgunhas plantas, ese agasallo que nos ofrecen as plantas da horta para gardar de face á tempada seguinte e, también, para poder comer. Ademas, toca semillar algúns cultivos e adema? faremos un xogo onde as sementes sexan as protagonistas.
18:30 – 19:30 h Biodetectives na Horta
Obradoiro no que faremos de detectives e coa nosa lupa electrónica localizaremos diferentes animaliños para identificalos e indagar cal é o seu cometido dentro da horta, así como curiosidades dos mesmos cando se poñen en acción.
18:30 – 19:30 h A Cara Oculta da Lúa
Descubrirás que é a Luna, desentrañaremos os misterios do seu nacemento e formación, os seus movementos e o porqué das eclipses. Finalmente responderemos a unha pregunta moi interesante: Afecta a Lúa á Terra ou non?
Cando:
Sábado, 6 de Setembro de 2025
Lugar:
Praza dos Leóns 1
Horario:
13:00 – 13:15 h Alimentación de Fauna
16:30 – 17:30 h O Mundo dos Artrópodos
16:30 – 19:30 h Arborismo (Tirolinas)
17:30 – 18:30 h Coñecendo o noso Sol
17:30 – 18:30 h Xogando coas Sementes na Horta
18:30 – 19:30 h Biodetectives na Horta
18:30 – 19:30 h A Cara Oculta da Lúa
Prezo:
As actividades están incluídas no prezo de entrada ao Parque.


