Mindtech, Metal Industry and Technologies International Trade Fair, é a feira industrial e tecnolóxica de referencia no Polo Ibérico, que celebrará a súa cuarta edición do 17 ao 19 de xuño de 2025 no Ifevi, Vigo.
Tras as súas tres primeiras edicións, Mindtech consolidouse como eixo do negocio industrial entre Europa, África e os países atlánticos. En 2025, volverá reunir en Vigo a ese hub de coñecemento, innovación e encontro, no que se espera a máis de 200 expositores, 50 relatores, centos de reunións B2B e máis de 10.000 visitantes.
Cando:
Do 17 de Xuño ata o 19 de Xuño de 2025
Lugar:
IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)
Horario:
Máis información en ifevi.com
Prezo:
Máis información en ifevi.com