ESFÍNTER 4
Volve o Nadal, volve ESFÍNTER, O mellor espectáculo para pechar o ano! Nun novo e inesperado alarde de imaxinación, este Esfínter 4 reúne de novo a Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas no seu cuarto intento de superar á saga "Fast & Furious" en saga máis prometedora, vendida e lonxeva da historia das carteleiras mundiais. Polo de agora van gañando os de Vin Diesel, pero este ano veñen incluso máis fortes.
A "Familia" volve reunirse sobre os escenarios de todo Galicia para ofrecer o mellor espectáculo ao que podes acudir cos teus máis queridos achegados e, coma os nosos protagonistas, ter unha escusa para cear xuntos nunhas datas tan sinaladas. 90 minutos de puro humor por parte de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven coma o turrón para xuntarse co público galego.
Esfínter chegou en 2020, e o fixo para quedarse. Porque mentres o público queira, seguiremos a desfrutar destas sinaladas festas na compañía de Javi, David e Rober!
FICHA TÉCNICA
TEXTO E INTERPRETACIÓN: Javier Veiga, Rober Bodegas, David Amor
PRODUCIÓN: Etiqueta Negra Producciones
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 90 min.
IDIOMA: galego
Cando:
Sábado, 28 de Decembro de 2024
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
21.00 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com