Xénero: danzaIdade recomendada: adultosIdioma: galegoDuración: 60 minutosPrezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:
Dirección artística: Fran Sieira e Sergio R. SuárezAcompañamento de dirección: VACAburraBailadoras e bailadores: María Montero, Aida Tarrío, André Adrio, Artur Puga, Patricia Sánchez, Martín Mondragón, Adela Otero, Cristina Canosa, Adrao CasalMúsica orixinal: MounQup (Camille Hedouin) / Carlos QuintáIluminación: Fidel VázquezEspazo escénico: Laura R. IturraldeVestiario: Érica OubiñaEspazo sonoro: Isaac MillánConstrución de escenografía: Nononon.labImaxe e deseño gráfico: Paulina FunesFotografías: Aigi Boga
A través das Axudas á Creación Escénica 2023 da Xunta de Galicia.Coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello de Ribeira, Concello de Ames, Concello de Cangas, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, A Casa Vella, Codisoil SA.
Sinopse:Despois do éxito de DeMente, Fran Sieira Compañía de Danza presenta CEIBE, unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. Ceibe afonda en como o xénero está presente en diferentes ámbitos, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.
A peza trata de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos para establecer distancia coa normatividade e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.
Cando:
Sábado, 23 de Novembro de 2024
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei)
Horario:
20:00 h
Prezo:
8 € (venda en www.giglon.com e Librería "Libros para soñar")