Tapeo, tapeo, tapeo…!Sacade os palillos que ímonos de tapeo polo Casco Vello!
Levo detrás da nova como un can rabioso e xa temos, por fin, novas fresquiñas sobre o tema.
Dende hoxe ata o 27 de Outubro poderemos disfrutar polas rúas do Casco Vello do 8º CONCURSO DE TAPAS VIGOVELLO
Algúns locáis participantes: Tapería stefany, Can vello, La Comidilla, La Casa Roxa, Doña Vaniri, coisas Doces, O Croquetas, A Coruxa, La Sabrosa, La Carbonara, O Bañista, La Charra, El Amante, O Faro de Chao, Meigas Fóra, A Lareira, Bar chavolas, Hotel copa Princesa… e moitos máis.
Prezo das tapas: 1,5€
Bases do concurso:
Os locais participantes ofertarán as tapas durante toda a semana no seu horario habitual do día 4 ao 27 de Outubro de 2013. Cada vez que acudas a un dos establecementos participantes no concurso, solicita que te selen o recadro correspondente ó local. Cando xuntes nun mesmo folleto a metade mais un dos selos de establecementos diferentes, cubre cos teus datos persoais xunto co nome da tapa que desexas votar (de maneira lexible) e deposita o folleto en calquera das urnas que estarán dispoñibles nos locais participantes ata o día do remate do concurso. A elección da mellor tapa levarase a cabo por un xurado popular, a través dos votos que emitirán todas as persoas participantes. Entre todos os votos, sortearase unha noite de aloxamento co almorzo incluído para dúas persoas nunha casa rural, 9 cheques-compra por valor de mais de 300€ para gastar nos establecementos asociados a Vigovello e 14 agasallos diversos. O reconto de votos e o sorteo de agasallos celebrarase publicamente o 30/10/13 ás 12h. e a entrega dos premios o día 31/10/13 ás 12h, ambos no local da Asociación Vigovello, r/ Oliva 14, Bº. Os vales terán validez de 1 mes e recolleranse o día da entrega de premios ou ben, na oficina da asociación, na r/ Oliva 12, 2º.
Foto da presentación:
Cartel Publicitario: